O xerente da empresa “Hierros Caldas” realizou a doazón dun novo automóbil en agradecemento á atención recibida polos profesionais sanitarios
Neste momento, HADO conta con 5 coches para os seus desprazamentos, dando cobertura a todos os concellos da Área Sanitaria de Vigo
O pasado ano os equipos sanitarios atenderon a 885 pacientes nos seus domicilios
O servizo de Hospitalización a Domicilio do Chuvi ven de incorporar un novo vehículo a súa frota de automóbiles asistenciais grazas á doazón realizada pola empresa “Hierros Caldas”, de Mos.
O xerente da empresa, Antonio Caldas, realizou esta doazón en agradecemento á atención recibida polos profesionais sanitarios durante o seu proceso asistencial.
Con esta nova dotación, o servizo conta con 5 automóbiles nos que os equipos sanitarios – 6 médicos/as e 8 enfermeiras/os-se desprazan a prestar atención aos pacientes nos seus domicilios.
O HADO da cobertura a toda á poboación de todos os concellos da Área Sanitaria de Vigo. Presta asistencia a pacientes que, polas súas doenzas ou características, necesitarían ingreso hospitalario pero prefiren permanecer no seu domicilio onde os profesionais sanitarios subminístranlles os mesmos coidados e atencións que nun ingreso hospitalario convencional.
Se tratan pacientes con diversas patoloxías, non solo oncolóxicos, incluídos enfermos con necesidades paliativas.
O pasado ano, os profesionais de HADO atenderon a 885 pacientes nas súas casas.

