Os profesionais sanitarios achéganse de mañá ao primeiro dos complexos, e en horario de tarde á Travesía
O Servizo Galego de Saúde vén de informar hoxe que mañá, venres 21, varios equipos de profesionais sanitarios achegaránse aos centros comerciais Gran Vía e Travesía de Vigo para realizar cribados PCR aos seus traballadores, clientes e usuarios.
No primeiro dos enclaves, en Gran Vía, permanecerán en horario de mañá, mentres que no segundo asistirán pola tarde para atender a todos aqueles interesados.
Neste marco, desde o Sergas lembran que o pasado sábado xa se cribou ao persoal dos Centros Carrefour, e que, dos 180 traballadores aos que lle fixo unha PCR, dous resultaron positivos.
Así mesmo, nos últimos días na Área Sanitaria de Vigo leváronse a cabo os seguintes cribados masivos:
- Centro Comercial Coia 4: participaron 198 persoas, e ningunha resultou positiva
- IES Castelao: participaron 487 persoas e detectouse 1 positivo
- Colexio Alba: de 598 cribados, resultou 1 positivo.
Ademais, e no referido aos cribados realizados nos Covid-Auto, das 3.700 persoas citadas de Vigo Centro, acudiron soamente 433, un 11%, e diagnosticáronse 2 positivos.

