O Sergas dotará a área sanitaria de Vigo dunha nova xefatura de Servizo de Cirurxía Cardiovascular e cinco xefes de equipo PSX para Atención Primaria

A provisión da xefatura de Servizo de Cirurxía Cardiovascular levarase a cabo mediante o sistema de avaliación colexiada

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a resolución da Xerencia da área sanitaria de Vigo pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular.

Así mesmo, o DOG publica hoxe a convocatoria de provisión, polo sistema de concurso de méritos, de cinco postos de xefatura de equipo de persoal de xestión e servizos (PSX) para os seguintes  centros de saúde: Coia, Cangas, Redondela, Tui e Val Miñor.

En ambos os casos, as bases das citadas convocatorias estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da área sanitaria de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).