Este novo efectivo, que incorporouse onte á Unidade de Saúde Mental de Cangas, enmárcase no Plan de Saúde Mental de Galicia que contempla un importante incremento de recursos sanitarios para a Área de Vigo
O Servizo Galego de Saúde ven de dotar dun novo especialista en psiquiatría á comarca do Morrazo. Así, o novo facultativo xa incorporouse onte á Unidade de Saúde Mental emprazada no centro de saúde de Cangas. Este dispositivo presta atención á poboación dos concellos de Cangas e Moaña.
Coa nova incorporación, a Unidade queda composta por un equipo de 5 profesionais: 2 psiquiatras, 1 psicólogo, 1 enfermeira especializada en saúde mental e 1 administrativo.
Este novo recurso sanitario se enmarca no Plan Estratéxico de Saúde Mental 2020-2024 que o SERGAS está acometendo e que contempla un importante incremento de recursos e dotacións para Galicia.
Novas Unidades na Área de Vigo
En concreto, a Área de Vigo experimentou nos últimos meses un pulo moi significativo neste eido, creando novas Unidades con dotacións de persoal e ofertando novas prestacións asistencias na carteira de servizos da saúde mental. Estas medidas teñen mellorado de xeito moi significativo a accesibilidade dos usuarios ao sistema publico de saúde e, en consecuencia, a calidade sanitaria ofertada.
Entre esas novas Unidades cabe subliñar a de Prevención do Suicidio no centro de saúde de Taboada Leal; a ambulatoria de Saúde mental en Tui; a ambulatoria infanto-xuvenil no Álvaro Cunqueiro e o Hospital de Día no Nicolás Peña. Ademais, proximamente vaise abrir una Unidade ambulatoria en Ponteareas así como a nova Unidade de Hospitalización de menores no hospital Álvaro Cunqueiro.

