O Sergas citará para vacinarse esta semana a 50.000 persoas no IFEVI

Como novidade, o xoves vaise empezar a vacinar ás persoas na franxa de idade comprendida entre 65-70 anos

O Servizo Galego de Saúde citará esta semana para vacinarse a 50.000 persoas no IFEVI, nunha campaña que se enmarca no contexto da vacinación masiva que vai levar a cabo Sanidade nas sete grandes áreas.

Como novidade, compre destacar que o xoves vaise empezar a vacinar ás persoas na franxa de idade comprendida entre 65-70 anos, que ata o de agora non tiñan sido inoculadas.

A partires de mañá martes dia 4 e ata o domingo 9, as persoas convocadas serán dos seguintes grupos etarios: 60-65 anos ; 65-70; e os de 70-79. A este último grupo se lles está administrando xa as segundas doses.