O programa Investigo da Xunta creará 25 postos de investigación para xóvenes en Vigo

A través desta iniciativa, a Fundación Matrix incorpora especialistas para traballar en proxectos transdisciplinares que uniranse ás diferentes áreas do Departamento da I+D+i: Área Data Science e Intelixencia Artificial, Área Ambiental e Cartografía e Área Social  e Igualdade

O programa INVESTIGO da Xunta de Galicia permitirá a Fundación Matrix, Investigación y Desarrollo Sostenible, con sede no campus da Universidade de Vigo, a creación de 25 novos postos de traballo para actividades de I+D+i. Esta subvención  inclúese no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Xunta de  Galicia financiado pola Unión Europea – Next Generation EU.  

A Fundación lanza un proceso de selección sen precedentes para a contratación de 25 persoas que queiran dirixir ou continuar a súa carreira profesional no ámbito da investigación científica e innovación. Esta convocatoria ten coma obxectivo contratar persoas mozas  interesadas en participar en proxectos de I+D+i, facilitando a súa inserción no mercado laboral e contribuíndo a incrementar a competitividade da investigación e a innovación en  Galicia. 

A través deste programa, a Fundación Matrix incorpora especialistas para traballar en proxectos transdisciplinares que uniranse ás diferentes áreas do Departamento da I+D+i: Área Data Science e Intelixencia Artificial, Área Ambiental e Cartografía e Área Social  e Igualdade.  

Trátase dunha gran oportunidade para mozos e mozas con formación nas disciplinas asociadas as áreas Data Science, economía verde, transición ecolóxica ou áreas sociais. A Fundación Matrix é una organización sen ánimo de lucro, con 15 anos de experiencia en  investigación e desenvolvemento sostible que conta con instalacións no Campus As Lagoas Marcosende da Universidade de Vigo. Colabora nesta iniciativa permitindo as persoas beneficiarias adquirir e completar unha especialización en áreas científicas de alta relevancia  ambiental, social e tecnolóxica que responden a retos actuais da nosa sociedade e nos que  actualmente se atopa traballando.