As actividades da Deputación de Pontevedra teñen todas as prazas esgotadas, cunha alta demanda cidadá
A Deputación de Pontevedra continúa esta fin de semana co programa +Bosques, unha iniciativa que promove os coñecidos como “baños de bosque” en enclaves naturais da provincia. O sábado 27 de setembro a cita será no Pazo de Lourizán (Pontevedra), mentres que o domingo 28 terá lugar no Carreirón (A Illa de Arousa).
Éxito de participación
As prazas para estas actividades, limitadas a 15 persoas por quenda, esgotáronse en apenas unha hora desde a apertura da inscrición. Tamén están completas as convocatorias de outubro, o que confirma o interese crecente da cidadanía por experiencias de conexión coa natureza.
Espazos naturais de referencia
O Pazo de Lourizán conta cun valioso xardín botánico e elementos históricos como o hórreo ou a cova dos espellos, mentres que o Carreirón está catalogado como Zona de Especial Protección para as Aves, cun ecosistema que combina praias, lagoas e marismas. No 2025, a Deputación duplicou a oferta de rutas por sete espazos naturais emblemáticos da provincia.

