O prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de 2024 do GALP ábrese o día 1 de febreiro

O prazo para presentar solicitudes de axuda para proxectos ó amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), aprobados pola Consellería de Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e correspondentes á Convocatoria 2024 do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, se abrirá mañá 1 de febreiro e permanecerá activo durante un mes, ata o 1 de marzo de 2024. 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica esta convocatoria, na que se repartirán un total de 19.550.000 € en tres anualidades, dos que 5.000.000 € corresponden ó GALP Ría de Vigo-A Guarda.

Poderán ser beneficiarios das axudas as seguintes persoas físicas e/ou xurídicas:

  • Pequenas e medianas empresas (PYMES) e persoas autónomas, con domicilio fiscal e social en Galicia e relacionadas de algunha forma co sector pesqueiro. (Deberán cumprir unha serie de requisitos recollidos na orde publicada hoxe, e que pode consultarse neste enlace:
  • Persoas xurídicas sen ánimo de lucro, con domicilio fiscal e social en Galicia. Aquí inclúense cofradías de pescadores e a súas federacións, asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións, entidades sen ánimo de lucro integradas por cofradías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro, entidades públicas locais, asociacións declaradas de utilidade pública, e entidades sin ánimo de lucro (consultar no enlace os obxectivos que deberán cumplir estas últimas para optar ás axudas).

Para máis información, pódese contactar co GALP da Ría de Vigo-A Guarda (que integra os concellos de Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal, A Guarda, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña e Cangas) na Avenida de Beiramar, 49 – 3º, Vigo (Pontevedra), no correo galp.mar.riadevigoaguarda@xunta.gal ou telefonicamente nos números: 986 358 109/646 873 106.