O PP provincial presentará este venres na Deputación unha moción na que se solicita a inclusión do Porto de Vigo como nodal na Rede Transeuropea de Transportes

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, indicou que o Porto de Vigo debería ser nodal desde hai tempo, non só polo volume de mercadorías que move, senón tamén polo valor desas mercadorías e pola conectividade.

Luisa Sánchez, que estivo acompañada polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, destacou que “o que queremos é que todas as administracións, todos os organismos, estean unidos para efectivamente conseguir que Vigo realmente sexa o que se merece, que é ser un Porto nodal”.

O Porto de Vigo é un dos máis importantes e prestixiosos de Europa, é o primeiro de Galicia en contedores e mercadorías, líder europeo en pesca, un dos máis importantes en tráfico de vehículos e xera un volume de negocio anual de 19.300 M€ entre exportacións e importacións, sendo unha infraestrutura chave en Galicia

O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará este venres no Pleno unha moción na que se solicita a inclusión do Porto de Vigo como nodal na Rede Transeuropea de Transportes, logo de que o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible desbotara a candidatura viguesa na recente actualización do catálogo continental destas infraestruturas nas súas negociacións coa Comisión Europea e priorizara a inclusión de outros portos.

A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, indicou que o Porto de Vigo debería ser nodal desde hai tempo, non só polo volume de mercadorías que move, senón tamén polo valor desas mercadorías, pola conectividade que ten este Porto e por todo o traballo que se está facendo en sustentabilidade.

“Desde logo, consideramos que todo o armazón de empresas que hai ao redor do Porto de Vigo, supón un valor engadido tamén para a defensa do Porto como nodal”, precisou Luisa Sánchez.

A vicepresidenta da Deputación que estivo acompañada polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, destacou que “o que queremos é que todas as administracións, todos os organismos, estean unidos para efectivamente conseguir que, Vigo realmente sexa o que se merece, que é ser un porto nodal”.

O Porto de Vigo é un dos máis importantes e prestixiosos de Europa, posto que é o primeiro de Galicia en contedores e mercadorías, líder europeo en pesca, un dos máis importantes en tráfico de vehículos e xera un volume de negocio anual de 19.300 millóns de euros entre exportacións e importacións, polo que supón unha infraestrutura chave para que Galicia medre de xeito constante e con moita potencia en vendas ao exterior ata situarse entre as comunidades máis exportadoras de España. O PP Provincial pontevedrés súmase ás queixas contra esta decisión da Comisión Europea e do Ministerio de Transportes, como xa expresaron tamén os responsables do Porto de Vigo, os empresarios da cidade e da provincia de Pontevedra, así como a Xunta de Galicia.