O PP insta ao alcalde a que sinalice correctamente as rúas cortadas para evitar accidentes que xa se produciron

Unha das sinais que delimitan a restricción de tráfico.

Os sinais actuais xeran confusión e circulan vehículos polas rúas destinadas a peóns por descoñecer que están cortadas     

Non hai indicacións de límites de velocidade nin de quen está autorizado a pasar, producindo unha falsa de sensación de seguridade para os peóns

O grupo municipal do PP critica que a sinalización das rúas peonalizadas xera confusión e falsa sensación de seguridade e insta a Abel Caballero a que sinalice correctamente estas vías axustándose á legalidade, para evitar accidentes que xa se teñen producido.

As 70 vías cortadas só contan cun sinal de prohibición e un valo cando deberían ter tamén sinais de limitación de velocidade e de indicacións de quen pode pasar. “O único que hai é un adhesivo en A6, imperceptible para os peóns e menos para os condutores. O alcalde debería saber que hai que colocar outro sinal independente de limitación de velocidade e unha indicación de excepcións que non debería ir dentro do sinal de prohibición”, explica o concelleiro Jesús Marco González. 

Ademáis o valo debería estar reforzado e cun reflector, algo que non sucede agora. “Non podemos permitir que haxa atropelos se precisamente esta medida pretende favorecer aos peóns. Pedímoslle ao alcalde que tome nota e arranxe esta situación polo ben de todos: peóns e conductores”, conclúe o concelleiro Jesús Marco González.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí