O alcalde, Abel Caballero, subliña que a modificación da ordenanza implicará «máis e mellor hostalería, máis e mellor ocio e máis seguridade en termos Covid»
A modificación da ordenanza de terrazas será votada finalmente mañá pola Corporación de Vigo. Un texto que, como subliñou hoxe o alcalde de Vigo, Abel Caballero, suporá un cambio «moi importante» que implicará «máis e mellor hostalería, máis e mellor ocio e máis seguridade en termos Covid».
Neste sentido, o texto habilitará terrazas con cerramento estable fácilmente desmontable. «Queremos que a hostalería poida desenvolver a súa función en cerramentos estables para dar comodidade aos clientes, seguridade en termos Covid e poder utilizar os espazos públicos de forma permanente, como fan tantas cidades de España e de Europa», afirmou Caballero.
Neste sentido, o rexedor argumentou a necesidade da nova ordenanza, que será previsiblemente ratificada polo Pleno este mesmo mércores e fai posible que a hostalería instale terrazas fixas. A regulación afecta á instalación en terreos públicos e espazos privados de acceso libre e contempla as dúas opcións: terrazas como as actuais, sen peche estable, e terrazas cun cerramento fixo fácilmente desmontable, no perímetro e na cuberta. En ambos casos, a prórroga será automática, sempre e cando se cumpran as condicións esixidas.
En particular, a normativa inclúe as tarimas e as cubertas desmontables nas beirarrúas, que deben ser de material resistente e boa calidade, ademais de manter unha harmonía e coherencia estética co entorno. Incluso figura a opción de dispoñer terrazas en prazas de aparcamento, indicou o rexedor en rolda de prensa.
«Entramos nunha nova etapa», engadiu Caballero, «que vai significar máis e mellor hostalería, máis e mellor ocio e ocio máis seguridade en termos Covid e máis estable e utilizable en termos de inverno».