O Concello completará a senda do Lagares desde Manuel Álvarez ata a desembocadura do río antes de que remate o ano en curso

Así o explicou esta mañá o rexedor quen detallou que con este proxecto sumaranse 3,5 km de paseo cun investimento de 785.000 euros

O alcalde avanzou esta mañá do inicio da tramitación administrativa das obras de ampliación da senda do Lagares -tramo Manuel Álvarez Avenida de Madrid. Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta tamén de que o Concello xa dispón dos terreos, logo de expropiar 98 fincas cun investimento de 430.478 euros.

Con este proxecto -de 785.000 euros – súmanse 3,5 km de paseo o que permitirá completar a senda desde Manuel Álvarez ata a desembocadura do río. Está previsto incorporar estudio medio ambiental de todo o trazado, contemplando a plantación de 140 árbores de gran porte así como a recuperación da biodiversidade dos marxes e espazos fluviais.

Dia das Letras Galegas

O rexedor explicou que nun mes se licitará o proxecto, en tres meses adxudicarase e os traballos comezarán en setembro para estar rematados antes de final de ano.