O Ollie Navia celebra a súa segunda edición

O festival de música vigués volve el 29 de xulio ao Skatepark de Navia con nova imaxe e máis concertos

Ollie Navia, festival de música rock, celebra o próximo 29 de xullo a súa segunda edición no skatepark de Navia. Un evento que nace para facilitar o acceso cultural gratuito e que reunirá aos mellores grupos emerxentes da localidade. O festival contará coa actuación de oito bandas viguesas: Lamprea Explosiva, The Riggos (todavía non confirmados), Os Míticos, Dalsi, Purplefly, Diving Through Jellyfishes e Serpe (todavía non confirmados). Ademáis, na aposta do festival por unir a música rock coa cultura urbana, celebraranse jams de skate, scooter e BMX nos descansos das actuacións.

O skatepark de Navia, localización do festival, é o primeiro e público de Vigo. Unha construción impulsada por Cromoly que facilita a práctica deste deporte na cidade. Practicable para BXM, roller, scooter ou skate, esta chaira de 2.000 metros cadrados ao aire libre acollerá a un dos festivais emerxentes máis relevantes de Vigo. Co obxectivo de aproveitar un espazo destas características, o Ollie Navia ten a misión de promover a música emerxente creada por mozos e mozas da localidade.

A organización e xestión deste evento foi posible grazas ao traballo dun grupo de cinco mozos voluntarios da localidade. Todo o que se recade a través da venda do merchandising oficial do festival destinarase integramente ao evento. Unindo música rock con cultura urbana, este festival promete ofrecer unha experiencia única a través do fomento dos propios valores do festival: liberdade, responsabilidade, respecto e xustiza. Un evento que se consolida como o corazón da cultura urbana e musical de Vigo.