A nova actualización, dispoñible para Android e iOS, permite ter acceso a todas as actividades relacionadas coas festas na cidade
A app de Vigo ten unha nova actualización xa dispoñible para dispositivos Android e iOS e que permite ter acceso a todas as actividades relacionadas co Nadal de Vigo.
Deste xeito, a actualización facilita información sobre actividades e atraccións, mercados, o belén monumental, elementos luminosos, a roteiro do Nadal, photocall, vídeos doutros anos… “Pódese facer un seguimento absoluto e total do Nadal en Vigo”, apuntou o rexedor, Abel Caballero.

