Abel Caballero anunciou na homenaxe ao deportista no Real Club Náutico que é Vigués Distinguido 2021 por “facer sentirmos orgullosos, ser un campión, manter a visión humana e facer do seu modelo un modelo colectivo”
O atleta olímpico Nico Rodríguez, bronce na categoría de 470 de vela, é Vigués Distinguido 2021. Así anunciouno o rexedor na homenaxe que celebrouse no Real Club Náutico de Vigo.
Abel Caballero destacou a valentía do deportista, que “chegou a tomar decisións cun valor importante para chegar ata aquí e que iso supón un risco que marca a vida para rematar en Tokio e ter unha medalla tan importante”.
O alcalde cualificou a Nico de “héroe” e reivindicou “o maior orgullo que se pode ter” ao deportista.

