O martes de Entroido será festivo local no 2024

O alcalde tamén deu conta da ocupación hoteleira do primeiro fin de semana de setembro, que foi do 80%

Abel Caballero informou esta mañá da proposta de festivos locais do ano 2024, que se levará a pleno a vindeira semana, sendo o primeiro o martes de de entroido (13 de febreiro) e a festividade de San Roque (venres 16 agosto). O rexedor sinalou que “tivemos que modificar a planificación habitual, xa que este ano o 28 de marzo, día da Reconquista, xa é festivo ao cadrar en Xoves Santo”.

Turismo

Vigo alcanzou un 80% de ocupación hoteleira no fin de semana inicial do mes de setembro. “Unha tendencia que continúa”, explicou o alcalde, e que coloca a Vigo “en cifras das cidades máis turísticas de España”.