O MARCO abre unha nova temporada do curso de cine

'Tempos Modernos' de Charles Chaplin é un dos títulos incluidos este ano.

O novo ciclo formativo desenvolverase baixo o título «Eutopías. A procura do bo lugar no cinema», e se levará a cabo en dúas quendas e con aforo limitado para garantir a seguridade sanitaria

O Concello de Vigo ten aberto o período de inscrición para participar na nova temporada do curso de cinema do MARCO que se desenvolverá nun período de 12 sesións, distribuíndose o alumnado en dúas quendas para respectar o aforo máximo do salón de actos, que é de 34 persoas.

ZFV

A primeira quenda comprende dende o 22 de outubro ao 18 de febreiro e a segunda, desde o 23 de febreiro ata o 18 de maio, cando en anos anteriores o curso desenvolvíase desde outubro ata maio, sen necesidade de incorporar quendas.

Baixo o título «Eutopías. A procura do bo lugar no cinema», o curso inclúe títulos como Tempos Modernos de Charles Chaplin; O Sur de Víctor Erice; Que verde era o meu val de John Ford; Robinson Crusoe de Luis Buñuel ou Hacia rutas salvajes de Sean Penn. Con estes filmes o alumnado abordará algúns dos «bos lugares» do cine: a natureza, a infancia, o futuro, o pasado, a memoria ou o vello novo mundo.