“O mar habitado” homenaxea á xente de Vigo en Martín Echegaray

Imaxe da escultura "O mar habitado"

A humanización da avenida de Castelao contempla a instalación dunha escultura de Eva López Tarrío que quedou descuberta este xoves

“O mar habitado”, a obra da escultura viguesa e profesora do IES de Valadares, Eva López Tarrío, loce desde hoxe na confluencia da rúa Martín Echegaray con Avenida de Castelao.

ZFV

A peza é unha homenaxe á xente de Vigo, non só aos mariñeiros, senón tamén ás familias, aos que están no mar e ás familias que quedan esperando en terra a que regresen do mar. Esta escultura, realizada en aceiro naval, é unha peza que reclama unha homenaxe aos invisibles, ás almas daqueles que habitan no interior do monumento do barco de Alfageme a través das siluetas inspiradas nos debuxos de Castelao.

Amais, este xoves quedou instalada unha placa en homenaxe aos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo.