O Hospital Álvaro Cunqueiro celebra o seu V aniversario

O Hospital Álvaro Cunqueiro conmemorou hoxe o seu V aniversario cunha solta de globos con mensaxes ao ceo en memoria dos falecidos nesta pandemia. No acto participou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

ZFV

Con anterioridade, o conselleiro mantivo  unha xuntanza con xefes de servizo e supervisoras das diferentes categorías profesionais, nas que varios profesionais realizaron breves intervencións con balances e algunhas reflexións sobre estes primeiros 5 anos de funcionamiento do hospital.