O goberno municipal inicia a demolición dun muro no Parque Nelson Mandela de Navia

O alcalde avanzou este xoves que a previsión é comezar os traballos este venres ou o vindeiro luns para poder abrir cando antes o parque infantil, pechado nestes momentos para garantir a seguridade dos usuarios

O Concello iniciará “de forma inmediata” os traballos de demolición dun muro situado detrás do parque Nelson Mandela, en Navia, que se atopa en mal estado e no que xa se executaron actuacións previas que non deron resultados á hora de asegurar as terras. Por este motivo, o goberno local demolerá o muro nunha actuación “considerable” que conta cun orzamento de 42.200 euros e unha prazo previsto de execución de dúas semanas.

“Volveremos abrir o parque de Navia, moi solicitado polas familias polo que faremos a obra á maior velocidade posible”, apuntou o rexedor.