O goberno municipal aproba a última licenza de obra residencial e comercial no Barrio do Cura

A superficie total da actuación é de 75.000 metros cadrados e que as obras contemplan a reconstrución das vivendas dos pescadores que foron desmontadas

Abel Caballero anunciou este venres que o Concello aprobou a última licenza de obra residencial e comercial no Barrio do Cura para dous edificios onde se contempla a construción de 157 vivendas, así como equipamentos para usos deportivos e dotacionais privados, entre outros.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

O alcalde apuntou que a superficie total da actuación é de 75.000 metros cadrados e que as obras contemplan a reconstrución das vivendas dos pescadores que foron desmontadas, xa que están catalogadas, e que deben permanecer na mesma cota e posición orixinal.
O rexedor lembrou que o proxecto inclúe conservar a fachada da ilglesia, que se integrará nas edificacións.

A urbanización contempla a construción dunha praza pública, así como a ampliación da urbanización das rúas Santa Marta e Llorente, segundo explicou Caballero. “Un contexto de utilización pública completamente novo e extraordinario”, recalcou.

O Concello garante que durante todo o proceso construtivo levará a cabo un control arqueolóxico. Ademais, a urbanización en chan urbano non consolidado deberá realizarse de forma simultánea á edificación.

Caballero apuntou que se está tramitando a licenza que permitirá á promotora construír un aparcamento público de 300 prazas que cederá ao Concello e que se recuperará a escola infantil.