O goberno municipal adica 2,1 millóns para apoiar a actividade deportiva na cidade

Siguiendo instrucciones del gobierno central, se ha dividido la infraestructura en cinco zonas.

Aos 2,1 millóns hai que engadir a subvención de gran parte do custo do uso das instalacións municipais

Esta mañá, a Xunta de Goberno deu luz verde ás axudas para deportistas de alto nivel cunha partida económica de 50.000 euros

Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación das bases específicas de axudas para deportistas de alto nivel da cidade de Vigo, cun importe de 50.000 euros. En rolda de prensa, enmarcou esta cantidade na inversión municipal en apoio ao deporte que ascende a 2,1 millóns, ademais de subvencionar gran parte do custo do uso das instalacións deportivas dos diferentes clubs de Vigo. As achegas ao deporte de base son de 925.000 euros, as do deporte de elite ascenden a 450.000 euros, as escolas deportivas reciben 420.000 euros, a promoción do deporte urbano recibe 40.000 euros, a organización de eventos deportivos supón 105.000 euros e, por último, a Fundación VIDE recibe 125.000 euros.