A Xunta de Goberno Local aprobou aprobar e reformar e mellorar 14 pistas deportivas de Vigo
Tamén xa ten luz verde a humanización da rúa Roupeiro en Matamá
A Xunta de Goberno deu luz verde ao investimento de 120.000 euros en 14 pistas deportivas da cidade. O alcalde enumerou todas elas: Beade, Calvario, Areal, Coia, Coruxo, Saiáns, Samil, San Xoán e Teis. Segundo explicou, as obras consistirán na mellora de pavimentos, novas redes para as porterías e canastros, peches do perímetro e pinturas de pista.
“Son estes espazos que moitas persoas utilizan para xogar ao fútbol, baloncesto e balonmán”, aclarou.

