O goberno local cooperará coa Cámara de Comercio para a creación dunha incubadora de sectores estratéxicos

Abel Caballero mantivo unha xuntanza coa directiva da Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía para abordar a creación dunha incubadora para sectores estratéxicos emerxentes en Europa. Segundo expresou o alcalde, o proxecto podería desenvolverse no edificio de Formega, e estaría dotado con fondos europeos. Para o rexedor trátase dun proxecto «ambicioso» e que abordaría cuestións como a mobilidade urbana, turismo, patrimonio cultural, administración dixital, entre outras cuestións. Caballero non descartou que Zona Franca puidera sumarse ao proxecto ideado pola Cámara de Comercio xunto á Fundación INCYDE.