A Xunta de Goberno dedica 447.636 euros para a contratación dos servizos de portería, control de acceso e información ao público dos centros municipais de distrito para os próximos dous anos
Os centros municipais de distrito de Vigo seguirán a contar cos servizos de portería, control de acceso e información al público dos centros municipais de distrito os próximos dous anos. A Xunta de Goberno deu luz verde a este contrato para atender á cidadanía nestas oficinas situadas en diferentes barrios e parroquias de Vigo.
Vigo conta a día de hoxe con cinco centros municipais de distrito: Casco Vello, Bouzas, Coruxo, Teis, Saiáns e A Miñoca.

