“Vigo, cidade amiga dos maiores” tamén ofrecerá este verán 3.000 prazas para actividades ao aire libre
Abel Caballero sinalou que “levamos concedidas 2.258 axudas de emerxencia por valor de 551.158 euros”
O alcalde informou en rolda de prensa este martes que na Xunta de Goberno Local que terá lugar mañá, aprobarase a licitación das viaxes pola ría dentro do programa de avellentamento activo “Vigo, cidade amiga dos maiores”.
Como explicou o rexedor, “agora trátase dun programa que se estende todo o ano”, no que a primeira fase arrincou, con 800 prazas, a principio deste mes con talleres en centros cívicos e asociacións veciñais. Nesta segunda fase, de cara ao período de verán “ofertamos 3.000 novas prazas de actividades al aire libre”.
Durante o mes de xuño realizarase o Programa de Actividade Física nos Parques Biosaludables en localizacións como: Via Verde, Parque de Castrelos, Praza de América, Teis e o Paseo de Samil. No mes de xullo arrincará o Programa de Actividades Interxeneracionáis nas Prazas de Vigo, en lugares como fronte ao Mercado do Calvario, Praza de Independencia, Alamada de Bouzas, Praza da Miñoca e fronte ao Mercado de Teis. Para estas actividades non é necesario formalizar inscrición previa, só deben presentarse con antelación ao inicio da actividade.
Axudas Emerxencia
O Concello celebrou hoxe unha nova comisión de Axudas de Emerxencia cun importe de 22.571 euros para 102 solicitudes. A maioría delas para o pago de alugueiro, hipotecas e alimentación. Dende que comezou o ano concedéronse 2.258 axudas por un importe de 551.158 euros.

