O goberno de Vigo reforza a limpeza contra o Covid nas piscinas cubertas municipais

La de O Carmen será la única piscina municipal que permanecerá abierta estas semanas, y con condiciones.

O Concello modificou o contrato para intensificar as tarefas de desinfección nas piscinas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares, para o que prevé adicar ata 76.000 euros máis

A Xunta de Goberno Local celebrada este pasado xoves aprobou unha modificación do contrato dos servizos nestas catro instalacións municipais para reforzar as tarefas de limpeza contra a Covid-19. Explicou Caballero que a previsión a seis meses eleva o custo en ata 76.000 euros: 28.000 euros na de Travesas, 16.000 euros en Lavadores, 19.000 en Teis e 13.000 euros en Valadares.

En rolda de prensa presencial e telemática, Abel Caballero informou de asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada este pasado xoves, entre os que tamén citou o pago das axudas aos participantes do programa integrado de emprego do Concello de Vigo para este ano 2021.

Trasladou o primeiro edil que a iniciativa bianual conta cun orzamento de 258.000 euros e forma a un centenar de persoas -sesenta o pasado ano e corenta neste 2021- en actividades auxiliares de almacén, carretilleiro/a e no carné de conducir. Aqueles con rendas baixas perciben un apoio económico que ascende este ano a 18.600 euros, axuda validada esta semana polo goberno de Vigo.