O goberno de Vigo pon en servizo para uso público as galerías e fortaleza do Castro

A Xunta de Goberno Local deu luz verde este xoves o trámite que permitirá abrir o espazo para visitas cidadás desde o vindeiro luns, 15 de maio e ata o día 26

As persoas interesadas en coñecelo poden inscribirse no teléfono de información municipal 010

O alcalde informou este xoves dos asuntos aprobados pola Xunta de Goberno Local, entre eles, a posta en servizo para o uso público das galerías e fortaleza do Castro logo das obras de recuperación e rehabilitación executadas.

Co fin de achegar este espazo á cidadanía viguesa, organízanse visitas guiadas entre os días 15 e 26 de maio (ambos inclusive). Realizaranse en grupos de 10 persoas cunha duración de entre 20 e 25 minutos. Desde este xoves, poden realizarse as inscricións para participar no teléfono de información municipal 010.

As datas e horarios serán os seguintes:

– os días de semana (de luns a venres, exceptuando o festivo do mércores 17) polas mañás ás 11:00, 11:30, 12:00 e 12:30, e polas tardes ás 17:00, 17:30, 18:00, 18:30, 19:00 e 19:30.

– O mércores 17, o sábado 20 e domingo 21 polas mañás ás 10:00, 10:30, 11:00, 11:30, 12:00, 12:30, 13:00 e 13:30. Polas tardes ás 16:00, 16:30, 17:00, 17:30, 18:00, 18:30, 19:00 e 19:30.