O contrato é por catro año, a razón de case 300.000 euros por centro e exercicio

A Xunta de Goberno Local validou este xoves o expediente de contratación dos servizos para a xestión das escolas infantís municipais de Santa Cristina de Lavadores e Costeira-Saiáns, por importe de licitación de 2.392.000 euros e un contrato por catro anos, a razón de case que 300.000 euros por centro e ano, segundo anotou o alcalde.

En rolda de prensa, Abel Caballero recordou que o orzamento municipal deste ano adica máis dun millón e medio de euros ás oito escolas infantís municipais coas que conta o Concello de Vigo, que ofertan en total 620 prazas para nenos e nenas de entre cero e tres anos de idade. O rexedor engadiu que a cidade asumirá unha novena, a que constrúe en Bembrive a Fundación Amancio Ortega.

De media, o Concello de Vigo subvenciona o 82% do custo destes centros, asegurou Caballero, quen engadiu que a metade dos usuarios non paga nada en función da súa renda. Amais, o prezo máximo a satisfacer nas municipais é de 127 euros polos 243 das escolas infantís de titularidade da Xunta de Galicia.

Subvencións a festas

Na sesión ordinaria deste xoves, o goberno de Vigo deu luz verde á convocatoria, bases e extracto do programa municipal de subvencións para festas tradicionais, patronais, gastronómicas e para actividades socioculturais, por importe total de 130.000 euros, tal e como informou Abel Caballero.

A convocatoria vai dirixida a entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan estas festas e actividades desde o 1 de novembro do pasado ano ao 31 de outubro do presente 2020. Pode subvencionarse o 75% do orzamento do evento e as solicitudes poderán presentarse durante un prazo de quince días hábiles desde a publicación no BOP do extracto da convocatoria.

O Concello inclúe neste programa as festas de especial interese no ámbito urbano, festas patronais e gastronómicas de especial interese en barrios e parroquias, e festivais folclóricos, xunto con actividades de artes escénicas, música, danza, artes plásticas e literatura, dinamización sociocultural en barrios e parroquias.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí