A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o proxecto de humanización do tramo comprendido entre a rúa Lamelas e o acceso peonil ao barrio de Navia desde a VG-20
O alcalde explicou que se trata dunha “humanización no máis alto estándar de Vigo”, que se executará nun prazo de nove meses desde o inicio dos traballos e na que se investirán 2.710.000 euros.
A superficie de actuación, entre a rúa Lamelas e o acceso peonil a Navia desde a VG-20, comprende medio quilómetro de lonxitude nos que se renovarán os colectores de saneamento, serán soterradas as canalizacións das redes de iluminación pública e semaforización, instalarase nova xardinería e rede de rego, nova instalación de farois de iluminación pública, nova rede de semaforización, renovación da sinalización vertical, papeleiras e bancos e instalaranse esculturas como elementos decorativos.

