Estará emprazado nunha parcela municipal situada na rúa Esturáns 2, detrás do estaleiro Barreras, e terá unha superficie de case 2.000 m2
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o proxecto básico e de execución do novo parque de Bombeiros e Protección Civil, unha nova dotación que presenta un importe de tres millóns de euros e estará composta de soto, baixo e dúas plantas, segundo informou o alcalde este xoves.
Caballero sinalou que son “instalacións que require o século XXI”, coas “comodidades” que precisa o traballo dos bombeiros, como sistemas de megafonía, voz e datos, seguridade e protección contra incendios, entre outras.
O de Esturáns substituirá ao parque de Bombeiros de Balaídos, situado nos baixos do estadio. Provisionalmente os efectivos de extinción están ubicados no entorno da depuradora.

