O Goberno de Vigo adxudica a contratación da xestión da mobilidade de vehículos e persoas mediante sinalización viaria

O alcalde explicou que se trata dun contrato que abrangue de 2024 a 2028, cun valor de 4,5 millóns de euros. Conta cun retén que dará asistencia 24 horas ante calquera emerxencia

Na Xunta de Goberno Local realizada en sesión matinal, adxudicouse a contratación da xestión da mobilidade de vehículos e persoas mediante sinalización viaria para o período 2024 e 2028. Abel Caballero sinalou que este contrato conta “con 4 vertentes de traballo: sinalización vertical, sinalización horizontal, atención a urxencias e atención a eventos”.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

O servizo contará con 2 equipos de sinalización horizontal; 1 equipo de sinalización vertical; 2 delineantes; 1 enxeñeiro e persoal administrativo. O rexedor explicou que se trata “dun servizo de asistencia 24 horas”, cun retén pendente para actuar ante sinalizacións de urxencia.

Caballero tamén destacou que existen melloras neste contrato, como “un investimento significativa en investigación e desenvolvemento (I+D) e innovación para mellorar a prestación do servizo” e a utilización dun vehículo eléctrico para o uso do servizo.