Hoxe prenderanse as luces na Alameda Suárez Llanos e terá lugar a actuación da Coral Casablanca no auditorio de Castrelos. O domingo retornará o espectáculo piromusical.
O terceiro concerto do verán no auditorio de Castrelos terá lugar esta noite, será o concerto da Coral Casablanca e a súa orquestra sinfónica. Comezará as 22:30 horas e o acceso é totalmente gratuíto ata completar aforo.
Por outra banda, esta fin de semana celébranse as Festas de Bouzas. Arrancarán hoxe co pregón do actor Sergio Pazos as 21:00 horas e o posterior prendido das luces, no que estará o alcalde, segundo anunciou en rolda de prensa. O prato forte chegará o domingo as 23:00 horas co festival piromusical.
Sobre esta celebración Abel Caballero sinalou que “se fai unha asignación moi importante”, cunha cifra que alcanza os “50.000 €, tres veces máis do que se adicaba” debido as “dificultades de facer unha festa nestes intres”.

