O Festival de Cans acollerá o II Concurso ‘Pintar o cine’

Os participantes pintarán unha obra in situ para desfrute do público, que poderá observar como desenrolan as súas creacións desde o comezo ata a finalización das mesmas.

O Festival de Cans acollerá por segunda vez o Concurso “Pintar o Cine” de Pintura Rápida na cita anual do evento coa creación artística. A actividade, que estará patrocinada pola empresa GALPI (Galicia de Pinturas), terá lugar en O Porriño, no entorno da praza do Concello, o xoves 2 de setembro.

O concurso, que se realizou con enorme éxito por primeira vez no ano 2019, non se celebrou na edición pasada por motivo da pandemia. A organización estimou este ano retomar a actividade ante a mellora en materia sanitaria que se está producindo a causa da vacinación masiva da poboación. Non obstante, o día do concurso a organización cumprirá estrictamente coas normas sanitarias que estableza a lexislación vixente nese momento.

Os participantes pintarán unha obra in situ para desfrute do público, que poderá observar como desenrolan as súas creacións desde o comezo ata a finalización das mesmas.

Os interesados en participar poderán inscribirse enviando un correo electrónico a pinturarapida@festivaldecans.com con data límite, domingo 15 de agosto. Os seleccionados deberán pintar unha obra que conteña unha escena dunha película coñecida e que inclúa a silueta do can de Cans. A técnica será libre e o soporte será presentado en branco para o sellado no propio día.

As obras quedarán baixo o coidado da organización e serán exhibidas durante as xornadas do venres e sábado en espazos onde teñan lugar actividades do festival.