O equipo da unidade de endoscopia dixestiva de Vigo desenvolve un programa de exercicio físico permiado a nivel nacional

Esta iniciativa, levada a cabo por un equipo multidisciplinar, baseouse nun adestramento físico ao persoal, previo a xornada laboral, durante 3 días a semana nun período de 3 meses

A Unidade de Endoscopia Dixestiva ven de desenvolver un programa piloto, baseado unha intervención ergonómica cun plan de adestramento físico dirixido ao persoal que integra dita Unidade.

Esta iniciativa foi levada a cabo por un equipo multidisciplinar formado por tres endoscopistas –Dras. Nereida Fernández, Natalia García e Luisa de Castro-; dúas enfermeiras -Vanesa Pena e Sonia López-; unha TCAE, Estefanía Costas; e a Fisioterapeuta Patricia Casal.

Presentouse un estudo prospectivo deste programa no Congreso nacional de Enfermería de Endoscopia Dixestiva, onde recibiu un premio.

Neste proxecto participaron preto de corenta profesionais, médicos endoscopistas, enfermaría especializada, TCAEs e celadores. Así, antes de iniciar a xornada laboral, durante 15 minutos 3 días á semana realizaron un programa de adestramento físico ao longo de 3 meses, a cargo da fisioterapeuta Patricia Casal.

Lesións Musculoesqueléticas 

A actividade laboral realizada por todo o persoal dunha Unidade de Endoscopia Dixestiva require en todos eles, en maior o menor medida, a adopción e o mantemento de posicións estáticas en bipedestación durante largos tempos, a realización de repetidos movementos manuais, así como a mobilización de pesos e traslado de cargas.

En todas estas actividades interveñen un gran número de articulacións e músculos, sendo as lesións muscoloesqueléticas máis frecuentes as tendinite do ombro, a tortícole, lumbalxia e cervicalxia,  entre outras. Estas lesións causan dor e incapacidade funcional. Supoñen unha importante carga económica, por ser frecuente motivo de baixas laborais, discapacidade e perda de produtividade.

Ademais, no caso dos médicos endoscopistas, se engade a tenosinovite do polgar esquerdo (inflamación das vainas tendinosas que rodean os tendóns),  como unha lesión moi prevalente, derivada da manipulación dos endoscopios.

Estudo premiado

O obxectivo principal do estudo premiado era avaliar a prevaleza de Lesións Musculoesqueléticas no persoal sanitario que integra unha Unidade de Endoscopia Dixestiva, e a evolución destas lesións tras a realización dun programa de adestramento físico de resistencia.

Este programa amosou altos índices de participación e satisfacción, mellorando a dor  articular dos traballadores que o padecían, os niveis de estrés, o estado de ánimo e as relacións interpersoais e laborais.

De feito, ante os bos resultados e a boa acollida desta iniciativa entre o persoal, estase traballando para implementar de xeito sistematizado un programa similar de cara ao vindeiro ano.