O Día do Patín congregará a 1500 participantes nas Travesas

O vindeiro venres, 17 de maio, coincidindo co día das Letras Galegas, celébrase na pista central do pavillón o Día do Patín, un evento no que se exhibirá o bo facer das patinadoras e patinadores da cidade

“Todo Vigo está convidado a gozar da gran festa do patín”, sinalou o alcalde este mércores ao dar conta da celebración dunha nova edición do Día do Patín, entre venres 17 de maio.

- Publicidad -
LETRAS GALEGAS 2024

Organizado polo Concello coa colaboración do Club Patín Vagalume desenvolverase desde as 9 da mañá e ata as 21:30 horas da noite na pista central do pavillón das Travesas. Será unha festa deportiva da patinaxe artística que contará con 1.500 participantes dos diferentes clubs da cidade e da escola deportiva municipal de patinaxe que amosarán o bo facer das súas patinadoras e patinadores con exhibicións ao longo de todo o día.