O Concello súmase ao Día da Concienciación do Autismo

O alcalde achegouse ao acto organizado pola Fundación Menela nas escaleiras do MARCO para reivindicar “unha viaxe feliz na vida para as persoas afectadas polo TEA e para as súas familias”

O 2 de abril conmemórase o Día da Concienciación do Trastorno do Espectro Autista. Abel Caballero achegouse ao acto organización pola Fundación Menela fronte ao MARCO no que este ano o lema é “unha viaxe feliz na vida”.

O alcalde sumouse ao tren no que as asociacións, os usuarios e as súas familias reivindican buscar visibilidade e dar voz as persoas con TEA: “Temos que apoiar e concienciar dando a coñecer o TEA, apoiar ás persoas e axudar ás familias”, afirmou o alcalde.

Caballero sinalou a importancia de “remar conxuntamente” neste ámbito e reclamou trasladar ás cidades a dimensión social de eliminar o estigma e tratar que a cidade se mova colectivamente en favor das persoas con autismo. “É necesario que as persoas con TEA teñan a vida máis fácil”, subliñou.

O alcalde lembrou que todos os pequenos detalles suman e son “simbólicas”, como a acción do goberno local de encher con máis de 200 pictogramas as dependencias municipais.