Este martes 23 de xullo, comeza un novo período de visitas guiadas para tódolos públicos aos túneles da fortaleza do Castro, que poden reservarse xa na nova páxina web http://fortalezadeocastro.vigo.org
O alcalde informou da posta en marcha de novo as visitas guiadas á Fortaleza do Castro que comezan este martes 23 de xullo, previa inscrición na web http://fortalezadeocastro.vigo.org.
Tal e como explicou, o goberno municipal puxo en marcha novas ferramentas dixitais deseñadas para mellorar o acceso dos visitantes ao recinto histórico: a nova web que aglutina todos os contidos relacionados co proxecto, incluíndo a historia do sitio, infografías e outros materiais educativos e de investigación; un novo sistema telemático de reserva de visitas, que permite consultar dispoñibilidade e horarios e unha visita virtual guiada para os que non poidan achegarse á fortaleza. Dixitalizamos unha visita virtual guiada coa que o público pode percorrer os túneles, as dependencias, o polvorín, recrear o ataque ao polvorín e a defensa da cidade desde a fortaleza que . “Impresiona”, recalcou Caballero.
O Concello ten organizados diferentes tipos de visita para tódolos públicos:
– visita individual, cun máximo de 25 persoas
– visitas para familias, baixo o título “A procura dos edificios perdidos”, que serán tódolos domingos, entre as 11:00 e as 12:30 horas para un máximo de 20 persoas. Está pensada para que as familias con nenos e nenas de 5 a 12 anos se acheguen conxuntamente á historia da fortaleza
– programas para escolares, entre outubro e xuño, con dúas versións adaptadas á idade do alumnado

