O Concello retoma as clases de educación viaria nos centros educativos

A Policía Local prosegue coas xornadas de educación viaria que imparte en centros de Primaria da cidade

Unha vez superada a pandemia, a previsión é achegar esta formación a uns 10.000 alumnos, igual que no ano 2019

O alcalde achegouse esta mañá ao Ceip Lope de Vega onde o alumnado de 5º de Primaria recibiu formación en educación viaria. Son charlas impartidas pola Policía Local que pretenden incrementar no alumnado o interese pola mobilidade segura, mellorar a toma de decisións relacionadas co uso das vías e iniciar un cambio de actitudes.

Tal e como explicou o rexedor, no ano 2019 estas xornadas impartíronse a 10.000 alumnos, unha cifra prevista para este 2022, tras a pausa sofrida polas medidas sanitarias da pandemia. De feito, en 2021, retomáronse estas actividades coa participación de 3.000 estudantes. Estas xornadas compleméntanse con outras accións como a campaña de concienciación do uso do cinto de seguridade no transporte escolar.