O Goberno Municipal responde así as declaracións realizados hoxe polo portavoz popular, Alfonso Marnotes, nas que afirmaba que considera un “escándalo a manobra do Goberno local na licitación da iluminación para blindar o contrato do condenado polo enchufe da cuñada de Carmela Silva» e ademais que “o alcalde non ordenou a licitación do contrato ata asegurase que o tribunal suspendía a condena e aseguraba que podía traballar para o sector privado. Cando estivo seguro diso, e non antes, de maneira extraordinaria e urxente dun día para outro sacou adiante unha licitación de 12 millóns de euros, un dos contratos máis importantes da cidade e tamén dos máis zumarentos”.

No conciso comunicado emitido polo goberno local, afirman que o recurso presentado por Alfonso Marnotes «foi rexeitado polo Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia», e que ademáis, este o situou «no ámbito da falsidade». «O señor Marnotes que presentou un recurso falso é indigno de estar nesta Corporación», engaden.