O Concello renova o convenio coa Diocese de Tui-Vigo para conservar o patrimonio histórico

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a renovación por catro anos do convenio marco coa Diocese de Tui-Vigo

Así anunciouno este venres Abel Caballero, tras explicar que, co acordo, a administración municipal contribúe a conservar e restaurar os bens mobles e inmobles de titularidade eclesiástica, “que son parte do patrimonio histórico de Vigo”, e a promover accións para fomentar o coñecemento do patrimonio cultural

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

“Queremos conservar todo o que sexa patrimonio cultural- histórico. Non podemos deixar que se arruíne”, asegurou o alcalde ao explicar que o convenio marco a renovar con a Diócesis de Tui-Vigo permitirá seguir arranxando “zonas de la Iglesia Católica porque son pezas mestras e histórica de Vigo”, explicou Abel Caballero o anunciar o novo acordo que estará en vigor catro anos.