Estaban tapiadas parcialmente, e que agora se acondicionarán para facelas accesibles ás visitas
Caballero sinalou en rolda de prensa que as galerías soterradas da Fortaleza son propias deste tipo de construcións militares. Data do segundo terzo do século XVII, arredor de 1670, un momento de frecuentes invasións por mar no que se constrúe o baluarte para defender a cidade. A súa utilidade era ampla: desprazamento de persoas e materiais a cuberto, zona de refuxio ou almacenaxe de todo tipo de intendencia.
As galerías estaban abandonadas e tapiadas parcialmente malia seren accesibles ata os anos 90. Agora, durante as obras que realiza o goberno municipal, quedou limpa e acondicionada unha parte á que se accede polo extremo norte, entre os baluartes do Couto e do Diamante. Teñen 2,5 metros de altura no centro e 1,5 metros de ancho na base, co teito lixeiramente abovedado e escavado na roca. Ademais, na parte superior da parte central da Fortaleza hai unha saída das galerías que se descubrirá durante as obras.
O rexedor adiantou que o Concello “continuará a investigación, acabando a reconstrución das galerías para facelas visitables” e confesou, trala visita, que estar no interior “produce un certo impacto”. A lenda sostén, segundo citou, que existiría outra galería que comunicaría co castello de San Sebastián aínda que “é pouco probable”.
Sobre as obras que se están realizando para recuperar e poñer en valor a muralla do Castro, en convenio co Ministerio de Fomento cun orzamento de 785.000 euros, Abel Caballero sinalou que o obxectivo é converter o baluarte e a muralla nun “elemento central da cidade e que sexa visible desde o conxunto da urbe”, para o que se prevé a súa iluminación.
Amais, o alcalde apuntou a liña dos traballos que se están a desenvolver: a conservación e recuperación de elementos propios da mesma coa limpeza, reparación e consolidación da muralla para reparar a perda de estabilidade estrutural, a eliminación de elementos e construcións discordantes, a reorganización da accesibilidade ao monumento e mellora da súa integración ambiental na paisaxe urbana.


Volvemos ás catacumbas… o lugar que no que mellor se moven Abel e Carmela !
Se consolidar as murallas do Castro consiste en levarse por diante tódalas árbores de sombra para colocar luces de cores e gradas de cemento, temos o que merecemos por parvos !
Cando rematen de destrozar o Castro (os piñeiros seguen infectados de procesionaria!) e terminen de talar os últimos Cedros do Líbano que existen en Vigo, seguramente licitarán a Cafetería do Mirador Martín Códax a algún amigo que a convirta en lugar VIP con prezos de infarto para presumir á conta dos cartos dos vigueses ! (Marina Cíes Beach Club – Two)
https://flic.kr/p/Cvu3NJ
Pero mentras tanto a vella Cafetería (con anexo ilegal) segue dando a benvida a tódolos turistas que nos visitan e que levan na retina a peor imaxe posible dun Vigo casposo e cutre que resiste logo de trece anos de goberno despótico municipal !
¡Cantos anos levan sen subir ao Castro! (agás para aparcar o coche!)
Totalmente da cordo..vivan as catacumbas es o paseo de Madeira de bouzas cando nos de un disgusto…..e as árbores…cantaremolas como Martín codax….saudade