O Concello recibiu 11.000 solicitudes para achegas de libros e o prazo remata o 2 de febreiro

Xa son 11.000 as solicitudes de axudas de libros habilitadas polo goberno local para o alumnado que cursa ensino obrigatorio

A maior parte destas peticións tramitáronse por vía telemática e o prazo segue aberto ata o próximo 2 de febreiro

O alcalde deu conta esta mañá da recepción de 11.000 solicitudes de axudas de libros das que 7.170 chegaron vía telemática e, 3.830, de xeito presencial. Caballero lembrou que o prazo remata o 2 de febreiro a animou á cidadanía a seguir presentando o seus formularios, o ben á través da web www.vigo.org, ou ben de forma presencial no Rexistro, sobre todo en horario de tarde, desde as 16,00 ata ás 20,00 h de luns a xoves, sen cita previa.

O importe das axudas é de 5,2 millóns polo que a contía por alumno é de 205 euros. O único requisito é estar matriculado no centro de Primaria, Secundaria ou Educación Especial do termo municipal de Vigo. O alcalde puxo en valor que Vigo é a única cidade española que ofrece axudas para a libros.