O Concello reabrirá todos os seus parques infantís a partir do 26 de maio

A cidade contará coa totalidade dos seus parques infantís abertos e desinfectados a partir do 26 de maio cando serán 141 os espazos abertos ao público

Ademais, as instalacións deportivas municipais xa poden acoller espectadores nas gradas, respectando sempre os criterios sanitarios decretados pola Xunta

O goberno local vén de adxudicar a contratación da limpeza e desinfección de parques infantís, áreas saudables, pistas deportivas e instalacións ao aire libre para cumprir o protocolo Covid-19. Cun importe de 100.000 euros, este contrato permitirá abrir todos os parques infantís da cidade a partir do mércores 26 de maio.

Ata o de agora -e debido á obriga de desinfectar estes espazos a diario -, estaban abertos 15 áreas unha cifra que se elevará a 141 a semana que vén. Neste punto, Caballero lembrou que as instalacións deportivas municipais xa permiten a entrada de público, cumprindo sempre as condicións que impón a Xunta de Galicia, a autoridade competente en materia sanitaria.