As listaxes da resolución provisional da baremación das listas dos estudantes que solicitaron participar no programa educativo municipal de inmersión lingüística poden consultarse na web municipal
O “Vigo en inglés” concede nesta edición de 2023, 925 prazas para alumnado da ESO cun orzamento total de 2,2 millóns de euros. Tal e como explicou o alcalde, cada unha das bolsas cobre a estadía de tres semanas no Reino Unido ou Irlanda, os gastos da viaxe de ida e volta, a matrícula nun curso de intensivo de mellora en lingua inglesa, actividades de lecer, culturais e deportivas extracurriculares, o aloxamento en réxime de pensión completa e os gastos de transporte urbano.
O alumnado solicitante da bolsa pode consultar a listaxe en escolas.vigo.org/vigoeningles e na web www.vigo.org. Dende mañá venres, 9 de xuño, e ata o vindeiro día 18, ábrese un prazo de 10 días naturais para presentar as reclamacións ou emendar os erros advertidos nos casos nos que o alumnado quedara excluído da resolución provisional.

