A Xunta de Goberno Local trasladou a súa conformidade este venres ao proxecto da obra que conta cun orzamento de 16,8 millóns de euros, dos que o Goberno de España achega case 12 e coa que a “gran avenida quedará integrada plenamente na cidade”
Con este novo paso, o Concello manifesta a súa conformidade co “Proxecto de remodelación da Avenida de Madrid” que propón o Goberno, unha vez ratificado na comisión de seguimento da obra.
Abel Caballero explicou que agora “procederemos á licitación e posterior adxudicación de obra” coa previsión de que os traballos poidan iniciarse “despois de Nadal”. O proxecto de remodelación da Avenida de Madrid ten un orzamento de 16,8 millóns de euros dos que o Goberno de España dedica 11,2 millóns, ademais do proxecto construtivo, valorado en 466.028 euros.
A Avenida de Madrid quedará plenamente integrada na cidade como unha “gran avenida” na que se incrementará a permeabilidade peonil e que se dotará con elementos de deseño e estética seguindo os modelos de humanización desenvolvidos nos últimos anos polo goberno municipal na cidade.

