O Concello pide precaución para adaptarse aos novos límites de velocidade en Vigo

Vigo adapta as velocidades das súas rúas á nova normativa de circulación que limitará a maior parte das vías a circular a 30 km hora

A concelleira de Tráfico, Elena Espinosa, avanzou que hoxe martes entra en vigor a modificación do Regulamento Xeral de Circulación en materia de medidas urbanas de tráfico con novas velocidades xenéricas. 20 km/h para vías con plataforma única de calzada e beirarrúa; 30 km/h en vías dun único carril por sentido de circulación e 50 km/h en vías con dous ou máis carrís por sentido de circulación.

Tal e como dixo, as condicións máis importantes desta modificación empezan por sinalar que ningunha vía dentro do municipio poderá superar o límite de velocidade de 50 km/h, salvo as autovías ou autoestradas que descorran polo municipio -que terán un límite de 80 km/h-. A normativa permitirá aos concellos reducir a velocidade xenérica previa sinalización específica, así como aumentar a velocidade xenérica en vías dun so carril por sentido ata una velocidade de 50 km/h, previa sinalización específica.

Baseándose na nova normativa e nas características de Vigo, o Concello fixo un estudio das 1.770 rúas para adaptalas á velocidade axeitada en todo o termo municipal. Entre as zonas que quedarán limitadas a 20 km/h (en azul claro no mapa situado na páxina web municipal) están as rúas dos cascos vellos, a rúa Isabel II, Manuel Núñez, Pablo Morillo ou Ronda don Bosco. Ademais e como exepción, tamén se inclúen neste apartado algunas rúas que -aínda que non teñen plataforma única – tamén priorizarán aos peóns permitindo zonas de xogo na calzada como a Praza da Miñoca, a Alameda Suárez Llanos ou a Praza Independencia.

As vías sinalizadas con límite de 30 km/ h serán as maioritarias (grafiadas en verde escuro no mapa). Son vías dun carril único por sentido de circulación (Alfonso X El Sabio, Baiona, Barcelona, Camiño Barciela, Brasil, Camelias, Brasil). Como excepcións, o Concello elevará ese límite ata os 40 km/h nas vías que considera arterias principais e rúas colectoras como Estrada Venda y calle Seixo, en Beade; Monte Calvario ou Xestoso, en Bembrive ou a Avenida Atlántida.

Tal e como di a norma, non se poderá circular a máis de 50 km/h nas vías de dous ou máis carrís por sentido de circulación (en vermello no mapa), este é o caso da Avenida de Europa (entre Alcabre y Navia), Alcalde Portanet, Aragón, rúa Conde Gondomar, rúa Coruña….). Tamén neste apartado o Concello fai excepcións. A primeira é reducir a 30 km/h a velocidade en vías que están no casco urbano ou viais ou teñen moita intensidade peonil como a rúa Cervantes, Vía Norte, Gran Vía -entre Praza de España y Urzáiz. O límite reducirase a 40 km/ h en vías próximas a centros escolares… como a avenida de Samil, a avenida de Balaídos, unha parte da avenida Buenos Aires…..)

Outras dúas singularidades atopámolas (grafiadas en morado) en Arquitecto Palacios e Clara Campoamor -entre o Parque Tecnolóxico e o CUVI-. Ambas as dúas teñen características de estradas urbanas non convencionais, son arterias principais de circulación, con ampla capacidade e, polo tanto, cumpren os criterios dunha autovía e seguirán limitadas a 70 km/h.