O Concello pecha o acceso a parques e espazos arbóreos da cidade pola alerta laranxa de temporal

O Concello de Vigo comunica que, trala activación do nivel de alerta laranxa na costa polo temporal, queda restrinxido por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos da cidade desde hoxe e ata o vindeiro venres, 29 de marzo.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Dada a situación de alerta, procedeuse ao balizamento das entradas á Praza de Compostela, A Riouxa, aos parque de Castrelos e O Castro, á Carballeira da Guía, aos aparcamentos dos piñeirais da contorna de Samil, ao Lagares e á Bouza. O Concello recomenda á cidadanía que limite na medida do posible os desprazamentos ao aire libre e que tome as máximas precaucións se acode a zonas con árbores que poidan verse afectadas pola climatoloxía adversa.