O Concello pagará a suba do billete de Vitrasa aos usuarios da PassVigo

A Xunta de Goberno aprobou a revisión de tarifas do transporte de autobús urbano para 2022, que sube 5 céntimos

O Concello pagará a suba do billete aos usuarios da PassVigo

O Concello remitirá á Comisión Superior de Precios de Galicia a aprobación pola Xunta de Goberno da revisión de tarifas do transporte de autobús urbano para 2022. O acordo estimado subirá 5 céntimos o prezo do billete, que non afectará aos usuarios coa tarxeta PassVigo. Deste xeito, pasa de 1,35 a 1,40 euros.

Abel Caballero confirmou en rolda de prensa que a suba do Vitrasa será asumida polo Concello. Deste xeito, a cidadanía manterá os prezos vixentes ata agora. O billete ordinario para os usuarios da PassVigo será de 89 céntimos; para os estudantes 86 céntimos; seguirá a ser de balde para os pensionistas I e II; 67 céntimos para os universitarios; 69 céntimos o billete social; e de balde para as persoas en cadeira de rodas e os acompañantes. O Concello subvenciona o resto ata chegar aos 1,40 euros establecidos.