O Concello nega que o centro de acollida de animais abandonados da Madroa teña deficiencias

Nun comunicado emitido sinalan que «o auto de data 23.11.2022 do Xulgado de Instrución n.º 6 de Vigo declarou o arquivo da
causa ao non ter por certos e probados, sequera indiciariamente, os feitos denunciados».

«No mencionado auto déixase constancia de que na inspección realizada polo Seprona non se constata a existencia de animal algún desasistido ou desnutrido, encontrándose os mesmos, por tanto, en boas condicións. Ao longo dos últimos anos fóronse acometendo melloras nesas instalacións que redundaron no benestar dos animais acollidos no centro. A día de hoxe, non existe exceso de censo de animais no centro, sendo os animais -gatos e cans – susceptibles de adopción».

Ademáis sinalan que determinadas cuestións que se poñen de manifesto nas imaxes que aparecen nunha noticia dun medio de comunicación, foi gravada no ano 2019 e son produto dunha mala praxe do responsable da Dirección Técnica Veterinaria do centro, e que «se prescindiu dos seus servizos xa nese mesmo ano».